Novas

Chega a II edición dos Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia

Estes premios foron creados no 2016 polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia para distinguir aquelas pezas e/ou estratexias de creatividade, de deseño, de edición, de industria gráfica, de marketing e de comunicación que destacan pola súa innovación, pola súa funcionalidade, polas boas prácticas e pola obtención de resultados tanxíbeis.

Nesta segunda edición os participantes poderán inscribir aqueles proxectos realizados desde outubro de 2016 a outubro de 2017 nas seguintes categorías e subcategorías:

1. Creatividade

  • Creatividade gráfica
  • Creatividade audiovisual
  • Creatividade no uso dos medios

2. Deseño

  • Deseño gráfico
  • Deseño industrial
  • Deseño dixital e interactivo

3. Artes gráficas e editorial

  • Libro de arte
  • Catálogo publicitario
  • Álbum ou libro infantil

4. Marketing

  • Estratexia/acción de branding
  • Acción relación/escoita do cliente
  • Estratexia/acción de produto

5. Comunicación

  • Estratexia de comunicación externa
  • Estratexia de comunicación interna
  • Práctica na comunicación da RSE

Alén destas categorías o xurado outorgará un Premio Especial á Idea Integrada ou Crossmedia. Trátase dun premio que valorará a execución dunha campaña/acción que utilice dous ou máis elementos da cadea de valor da comunicación en Galicia, de modo que a suma deses elementos mellore o resultado final.

O prazo para presentar as candidaturas féchase o día 6 de outubro ás 20 h.

Información e inscrición en: