Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
24 de outubro 2013

Chega MICAtlántica

Entre o 23 e o 26 de novembro de 2013 celébrase na Cidade da Cultura o Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, MICAtlántica, o primeiro encontro entre empresarios arxentinos, españois e portugueses, a través de Galicia, co obxectivo de desenvolver as industrias culturais de territorios separados polo océano pero unidos por unha historia común capaz de contribuír ao intercambio e crecemento dos seus bens e servizos culturais.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O MICAtlántica nace como froito da colaboración entre institucións arxentinas e galegas. Por parte de Galicia, organiza a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Fundación Cidade da Cultura; en tanto que por parte arxentina concorre a Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación, a través da Dirección Nacional de Industrias Culturais. Esta iniciativa proponse consolidar un futuro en conxunto potenciando as propias identidades e creando circuítos de circulación con Galicia como porta de entrada para canalizar este intercambio nun marco iberoamericano. Os sectores convocados a participar son seis: Artes escénicas, Audiovisual, Deseño - Artesanía, Editorial, Música eVideoxogos. Empresarios, institucións, produtores, artistas e pemes poderán atoparse cos seus pares transatlánticos, a través dunha axenda individualizada deseñada a medida. Tamén se celebrarán conferencias, debates e presentacións artísticas en vivo. As vías de participación en Micatlántica son basicamente dúas: como público e como profesional. - A acreditación como público permite asistir libremente a todas as actividades programadas nos espazos de MICAtlánticaEXPO e MICAtlánticaFORUM. - Como profesional, a acreditación habilítate para participar en MICAtlánticaLAB, o espazo reservado para reunións comerciais, de carácter profesional e á xestion da túa axenda de reunións que o equipo de MICAtlántica deseñará para ti. Con esta acreditación terás acceso a todos os espazos e programas de MICAtlántica. Para máis información e inscricións, podes visitar a páxina do evento http://www.micatlantica.org/ ou poñerte en contacto vía mail a través do seguinte enderezo electrónico info@micatlantica.org (prazas limitadas)

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.