Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
23 de abril 2014

Chega REPLIC_AGE 2014

Entre o día 23 e o 25 de maio na Central do Deseño de Matadero de Madrid terá lugar REPLIC_AGE 2014, un multievento organizado por DIMAD e Makespace Madrid cuxas inquedanzas principais son a interacción entre deseñadores e comunidades makers, fab labs e produtores de maquinaria, software e servizos de manufactura dixital.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A programación deREPLIC_AGE 2014 divídese en dúas categorías: FAIR, a cal se xestiona como unha feira onde tanto deseñadores como empresas poden mostrar e vender a súa produción, e o FEST, no cal se realizarán charlas e obradoiros con conferenciantes e profesorado de prestixio internacional.

Trátase dunha oportunidade para todos os deseñadores interesados en ensinar e vender as súas creacións, xerar redes de colaboración e contactos profesionais dentro deste encontro de hibridación multidisciplinar que contará con 5000 visitantes ao longo das tres xornadas. A organización do evento está especialmente interesada en contactar con deseñadores (que traballen con manufactura dixital) para que participen na feira ensinando e vendendo os seus traballos. As inscricións xa se poden formalizar enwww.replicage.org/replicage-fair/ e aqueles deseñadores pertencentes a asociacións amigas, como a DAG, poden beneficiarse dunha cota reducida de 80 euros + IVE.

Tamén está aberta xa unha convocatoria para que os deseñadores que teñan proxectos en fase de concepto poidan desenvolvelos ata o mínimo produto viable coa axuda de titores profesionais en distintas áreas, ademais de explicar os seus resultados en Zinc Shower e de ter a oportunidade de seren seleccionados pola Factoría Cultural para unha bolsa. A convocatoria destes proxectos pode consultarse en www.replicage.org/replicage-fest/ e só se admitirán cinco.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.