Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
17 de outubro 2012

Clausúrase a 1ª edición do Curso de creación de empresas de deseño (CREA)

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Este venres 19 de outubro entre as 17.30 e as 19.30 h terá lugar o acto de clausura da 1ª edición do Curso de creación de empresas de deseño (CREA) que se estivo a desenvolver desde marzo en Santiago de Compostela. Para ese día, ademais da entrega de diplomas aos participantes, está prevista unha presentación, aberta ao todo o público, dos distintos proxectos e modelos de negocio nos que os alumnos estiveron traballando ao longo destes meses baixo a supervisión do profesorado da Escola de Organización Industrial (EOI), encargado de impartir o CREA. Na clausura, acompañando aos participantes, estarán Juan Freire, director do curso, e mais Alfonso Martínez, representante da EOI en Galicia e cotitor de proxectos, e tamén o deseñador web Óscar Otero, quen acudirá en representación da Asociación Galega de Deseñadores. O acto, ao que pode asistir calquera persoa interesada, celebrarase na Galería Sargadelos, situada na rúa Nova, 16, de Santiago de Compostela.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.