Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
8 de febreiro 2019

Comeza a segunda edición de Conecta da EASD Ramón Falcón

Febreiro será o mes da arte e do deseño grazas ás xornadas Conecta que organiza a EASD Ramón Falcón, e que se desenvolverán entre o 11 e o 28 na propia escola de Deseño de Lugo e no espazo do Novo Cárcere.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

PROGRAMA COMPLETO

11 de febreiro

GRAVADO Obradoiro: Introdución á xilografía xaponesa - Mokuhanga. Fabiola Gil 10.00 Salón de actos 11.30-15.00 - Aula 15

A carreira de Fabiola Gil pasou pola escultura, o gravado e a estampaxe, a conservación e restauración, e a docencia das artes plásticas. Actualmente céntrase na técnica do moku­hanga de xilografía xaponesa, a cal perfeccionou nas súas viaxes a Inglaterra e Xapón.

Co obradoiro preténdese realizar un achegamento a esta técnica a través dun percorrido pola historia e os seus auto­res. Terase a oportunidade de estampar xilografías segundo o proceso tradicional.

14 de febreiro

CERÁMICA 40 anos de cerámica. Antonio Vivas Zamorano 11.30 - Salón de actos. Aula maxistral

40 anos de revista cerámica. Antonio Vivas Zamorano 11.30 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta

Antonio Vivas dedicou a súa vida á investigación e divulga­ción da cerámica. É membro da Academia Internacional de Cerámica, que está asociada á UNESCO e ten a súa sede en Xenebra. En 1978 fundou a revista CERÁMICA, para poten­ciar a divulgación da cerámica creativa en España.

INAUGURACIÓN INSTITUCIONAL 17.00 - O Vello Cárcere

DESEÑO GRÁFICO Linguaxes no discurso gráfico. Pepe Gimeno. 19.30 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta

Pepe Gimeno é un deseñador, tipógrafo e artista plástico va­lenciano cuxa obra foi recoñe­cida por varias publicacións, exposicións, e premios de deseño internacionais.

Ofrécenos unha reflexión sobre a súa longa traxectoria profe­sional: como acomete os seus proxectos, a súa relación co cliente e cal foi a formulación estratéxica do seu estudio du­rante estes anos.

19 de febreiro

ENCONTRO DE EX-ALUMNOS E ti por onde andas? 12.00 - Salón de actos. Mesa redonda

FOTOGRAFÍA Carlos Valcárcel, a súa obra no século XX 17.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta

Fotógrafo lucense cunha traxectoria de 60 anos na que experimentou coa fotografía analóxica en branco e negro para despois, descubrir a fotografía dixital, alternando as dúas. Farase unha revisión do estilo e obra do autor. Inspira­ción e procesos de creación. Fotografía clásica e interpre­tación da mesma na fotografía dixital.

GRAVADO A serigrafía como medio de expresión artística. Bernardo Sanjurjo 19.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta

Doutor en Belas Artes e promotor da Asociación das Artes Visuais de Asturias. No seu currículo figuran innumera­bles exposicións individuais e proxectos colectivos. Fixo car­petas de obra gráfica xunto a os poetas Antonio Gamoneda, Marcos Canteli, José Miguel Ullán e Olvido García Valdés. Falaremos sobre o proceso creativo da súa obra, amosa­ranos a súa atracción por este método de estampaxe e os seus usos e posibilidades

27 de febreiro

SERIGRAFÍA Obradoiro: Serigrafía en liña. Fernanda Álvarez 10.00-14.00 - Aula 18

Mestra de taller de Técnicas de Estampaxe e Gravado e Edición de Arte. Artista Nova Revelación do Ano en Asturias. Premio de Gravado de San Lorenzo do Escorial, Premio de Gravado Alfara e Premio Nacional de Litografía Cidade de Xixón. Ensinaranos, desde a súa experiencia como serígrafa, as bases do rapport e o proceso serigráfico para a estampaxe de tecido e papel continuo de gran formato

DESEÑO GRÁFICO Obradoiro: A gráfica imaxinaria. Uqui Permui 10.00-14.00 - Aula 5

Uqui Permui é directora do estudio de deseño uqui.net. É socia fundadora da DAG e representante desta na READ. Traballa en procesos de edición contemporánea, tanto en papel como en formato dixital. A tecnoloxía, internet e as redes sociais, son recentes. Até hai pouco, a formalización dun traballo gráfico facíase a man, o que permite darnos conta de pasos que cos computadores resultan imperceptíbeis. Cunha práctica descubrire­mos o pracer da idea, e como facela realidade sen computadores.

GRAVADO Ediciones Pata Negra. Fermín Santos 17.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta

Gravador, estampador, e realizador Plástico. Actualmen­te director de Ediciones Pata Negra. Falaranos da súa traxectoria profesional como editor, cómo afronta os seus proxectos e a súa relación cos artistas.

DESEÑO DE INTERIORES Retail: Creatividades e realidade comercial. María Sortino 19.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta

Cun extenso currículo formativo ás súas costas, María Sortino investiga a relación entre o deseño de interiores comerciais e o deseño gráfico para novos dispositivos de dixital signage. Como enfrontarse a un proxec­to de interiores comerciais baixo un concepto creativo que modifique o espazo traducindo nas tres dimensións o concep­to de marca sen esquecerse da realidade comercial.

28 de febreiro

DESEÑO DE INTERIORES Obradoiro: Full Immersion retail. María Sortino 10.00-14.00 - Biblioteca

Obradoiro no que ao longo de 4 horas e de maneira interdis­ciplinar se traballará sobre o concepto e a realización dun micro espazo de Retail.

Conecta 2019
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.