Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
7 de marzo 2014

Conclusións do foro DAG: Propostas de avance para o deseño

A DAG, Asociación Galega de Deseñadores, fai público o documento coas conclusións do foro Propostas de avance para o deseño celebrado o 9 de febreiro de 2013 no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O foro, ao que asistiron deseñadores gráficos e industriais de toda Galicia, articulouse en seis mesas de debate, cada unha delas centrada nun tema:

  1. A web como medio no contexto da edición 2. Educación e formación en deseño en Galicia 3. A produción do deseño galego 4. A comunicación do deseño galego 5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica 6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas (contratacións, concursos...)

O documento de conclusións que ve a luz agora pretende ser un punto de partida para a discusión das distintas propostas xurdidas durante a xornada do foro e a selección daquelas máis interesantes para o seu desenvolvemento por parte da DAG a través de comisións de traballo creadas para tal efecto.

De momento hai xa unha primeira comisión constituída por membros da asociación que está a traballar no tema dos concursos de deseño, posto que desde a DAG considérase prioritario a posta en marcha de iniciativas que combatan esta mala práctica cada vez máis adoptada por empresas e administracións públicas.

Aquelas persoas interesadas, da DAG ou non, en participar nesta primeiro grupo de traballo, ou en calquera outra das iniciativas propostas no documento, poden poñerse en contacto connosco a través de info@asociaciondag.org. Esperamos as vosas suxestións e comentarios!

Descarga as conclusións do foro:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.