Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
16 de novembro 2012

Conferencia sobre a actividade multidisciplinar dun estudio de deseño na EASD Pablo Picasso da Coruña

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O vindeiro mércores 21 de novembro ás 11.00 da mañá, Darío Rumbo, un dos integrantes do estudio de deseño catalán United Fakes achegarase á EASD Pablo Picasso da Coruña para falar do xeito multidisciplinar en que afrontan os proxectos no seu estudio e da interacción que se establece entre o deseño gráfico, o de produto e a animación ao longo dos seus procesos de traballo.

Darío Rumbo é o encargado da dirección de fotografía, pero United Fakes está formado por seis profesionais máis procedentes de distintas áreas do deseño: gráfico, de produto e web, que no seu traballo pretenden elaborar unha mensaxe rica en contido e coidada formalmente.

A conferencia, que leva por título “Faicho Pepe nun momentiño”, terá lugar no salón de actos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o acceso será libre para todas as persoas interesadas. Lugar: EASD Pablo Picasso Os Pelamios, 2 15001 A Coruña

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.