Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
26 de marzo 2014

Congreso editando para as minorías na era dixital

Editores, ilustradores, deseñadores, escritores, bibliófilos, xestores culturais e expertos en novas tecnoloxías debaterán en Compostela sobre a situación do libro e da edición na era de Internet no marco do congreso Editando para as minorías na era dixital que se celebrará do 3 ao 6 de abril.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O programa do congreso inclúe conferencias, mesas redondas, obradoiros e a inauguración o día 3 en Fonseca da exposición Imprimatur sobre a evolución do libro, desde a artesanía dos encadernadores e impresores ata os novos formatos dixitais.

A inscrición no congreso é gratuíta, mais só será preciso formalizala no caso daqueles que vaian asistir ao 80% das actividades ou a algún dos tres obradoiros que terán lugar:

  1. A arte de encadernar, a cargo de María del Carmen Villalba Caramés
  2. A arte de imprimir, impartido por Antonio Piñeiro
  3. A arte de crear ilustracións, a cargo de Pep Carrió

A asistencia ás conferencias e mesas redondas será libre ata completar a capacidade da sala.

Consulta o programa e toda a información relativa ao evento en:

http://www.campusculturae.com/gl/novas/editando-para-minorias-na-era-dixital-congreso-internacional

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.