Novas

Cuenca acolle por segundo ano o 12 ENAD

Do 18 ao 20 de outubro terá lugar en Cuenca o 12 ENAD baixo o título _Diseño de los cuidados, cuidados del diseño_​​. O evento que está organizado por READ e Cuenca Diseño centra o tema no deseño como ferramenta para o coidado do mundo, da contorna, das cidades, das persoas… para crear futuros desexables.

Como pode o deseño contribuír a sociedades má​i​s inclusivas? Como pode o deseño contribuír a entidades máis coidadoras? Como podemos coidar os proxectos de e desde o deseño? Estas e outras cuestións relacionadas serán abordadas durante o 12ENAD mediante a acción e a reflexión común con idea de plantexar futuros desde o deseño e os coidados.​ Traballarase pola innovación social a través do deseño para combatir as vulnerabilidades e fomentar a produción de novas visóns e novos modelos de transformación social.​​​

O groso do encontro céntrase os días 18 e 19 de outubro, cun programa completo de obradoiros, relatorios, conversas, mesas de traballo e presentacións de proxectos​ nos que participan activamente as 13 asociacións que formamos READ e moitas outras entidades do sector público e privado, social ​e académico, co fin de estableceren relacións paralelas e novas iniciativa​s de grupo​.

As mesas de traballo son un elemento fundamental nos ENAD. Este ano, ademais de tres proxectos de continuidade, cóntase cunha mesa sobre deseño inclusivo cuxos resultados serán aplicados ao reto 3 do proxecto de inclusión Div​ers+s Lab.

  • Mesa 1: Boas Prácticas. Reflexións​ sobre o uso da IA. Coordinada por Ana Rodríguez (DICA)
  • Mesa 2: GEN. Taller de co-creación con enfoque feminista. Coordinada por Myriam Cea
  • Mesa 3: Deseño inclusivo. Unha mesa taller en colaboración con DIVERS+S Coordinada por 3dLan
  • Mesa 4: Educación e Deseño. Impacto na educación e o deseño. Coordinada por Juana Valcarcel (DIP) e Daniel Hervás (DIP)

A participación das persoas representantes de DAG este ano é posible gracias ao apoio da Xunta de Galicia a través do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA. Este programa será presentado no propio ENAD xunto con outras iniciativas que a DAG está levando a cabo na nosa comunidade para​ difundir e impulsar o deseño galego.