Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
27 de setembro 2011

Cursos de formación permanente na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás

A programación da Aula Tecnolóxica da Casa das Campás para o outono oferta cinco cursos que coordina e dirixe Alberto García Ariza.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os cursos son:

Sketchup 8: modelado en 3D para todos, impartido por Lucía Fernández Constela Datas: 3, 5, 6, 10, 11 e 13 de outubro Prazo de matrícula entre o 23.09.11 e o 30.09.11

Introdución a programación creativa. Processing, con Alberto García Ariza Datas: 7, 14, 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro Prazo de matrícula entre o 26.09.11 e o 06.10.11

JClic: Creación de actividades educativas, que imparte Almudena Aparicio Andión Datas: 18, 20, 25 e 27 de outubro e 3 e 8 de novembro Prazo de matrícula entre o 10.10.11 e o 17.10.11

Servizos web 2.0 e blogging, a cargo de Diego Fernández Pérez Datas: 14, 16, 18, 21, 23 e 25 de novembro Prazo de matrícula entre o 4.11.11 e o 11.11.11

Deseño de páxinas web con recursos gratuítos, impartido por Lidia Mokonoko Malvido Datas: 12, 14, 15, 19, 21 e 22 de decembro Prazo de matrícula entre o 28.11.11 e o 09.12.11

O número máximo de prazas por curso son 20 e as actividades desenvolveranse sempre no mesmo horario todas: de 19.00 h a 21.00 h.

A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da páxina da Aula de Posgrao Virtual: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php

Descarga o programa:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.