Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10 de agosto 2011

Cursos para o verán no Taller de Litografía Milpedras

O Taller de Litografía Milpedras acaba de abrir o prazo de inscrición nos seus cursos para o mes de agosto e setembro. A programación didáctica inaugúrase cunhas Xornadas de autoedición gráfica para artistas que Alberto Carballido impartirádo 22 ao 27 de agosto en horario de 16.00 a 20.30 h.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O obradoiro está concibido para achegarlles o concepto de edición de contidos gráficos e visuais a todas aquelas persoas interesadas en autoeditar os seus propios traballos ou en complementar as súas creacións con material gráfico de calidade. Entre o 1 e o 3 de setembro desenvolverase o Curso intensivo de placas solares, impartido por Yuli Andrea Cadavid e centrado en técnicas de gravado non tóxico ou menos tóxico. Trátase de técnicas que buscan ofrecer unha alternativa máis saudable e respectuosa co medio ambiente, sen renunciar por iso ao potencial expresivo e creativo da práctica artística do gravado. Yuli Andrea Cadavid será tamén a encargada de impartir á semana seguinte o Curso de introdución á litografía en pedra: o día 8 e o 9 de setembro en horario de 16.00 a 20.30 h da tarde e o 10 de setembro de 10.00 a 14.00 da mañá e de 16.00 a 20.30 h da tarde. A oferta de Milpedras para o verán aínda se completa con dous cursos máis: o curso Libro de artista: o libro como obxecto de expresión e creación, a cargo de Jim Lorena, do 13 ao 17 de setembro e o Curso de litografía sen auga (waterless lithography) con Esteban Moreno, entre o 20 e o 24 de setembro, e dirixido a gravadores, artistas visuais, deseñadores gráficos e público en xeral. Taller de Litografía Milpedras Brasil n.º 3, baixo 15009A Coruña Máis información no enlace Cursos Milpedras

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.