Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
12 de setembro 2012

Dámoslle a benvida a Antón García, o novo socio estudante da DAG

Toda a miña vida fun unha persoa inqueda, ao tempo que esixente comigo mesmo. Cos anos puiden canalizar toda esa enerxía cara a unha actitude creativa ante a vida.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Toda a miña vida fun unha persoa inqueda, ao tempo que esixente comigo mesmo. Cos anos puiden canalizar toda esa enerxía cara a unha actitude creativa ante a vida. Tanto o apartado artístico (mediante ilustracións e pintura mural), coma o técnico (debuxo técnico e industrial), fóronme encamiñando cara a un sector profesional que acabou por apaixonarme: o Deseño Industrial. A miña formación como enxeñeiro técnico de deseño industrial e posteriormente como graduado en enxeñaría de deseño industrial e desenvolvemento de produto fan de min unha persoa cualificada para desempeñar calquera traballo creativo que se me propoña. En canto á miña traxectoria, engadirei que cursei os meus estudos na Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, con José Ramón Méndez, Jon Solozábal e Álvaro Deibe ao mando. Alí tamén recibín formación indispensable en numerosos cursos, con personalidades como Salvador Treserras (Director de Baluard Modelos Especiais), Xosé Salgado (Grupo Revisión Deseño), ou Tony Gallardo (Responsable do Dpto. Iluminación Seat), entre outros. Pouco despois de graduarme puiden dar os meus primeiro pasos no mundo laboral incorporándome temporalmente ao Dpto. de Deseño e Enxeñaría de UNVI S.A. (Unidade de Vehículos Industriais) e recentemente, lanzeime a crear a miña propia empresa Rok Design, polo que estou comezando a dar os meus primeiros pasos como deseñador freelance. Actualmente dispóñome a cursar un Máster en Deseño de Mobiliario na Escola Elisava de Barcelona. Desexo seguir formando parte do cambio social que trae o Deseño e contribuír a este mediante o meu enxeño, capacidades e motivación. Para máis información podedes visitar a miña páxina web que estará dispoñible este mes de setembro: www.rokdesign.es. Mentres tanto, podedes ver en https://vimeo.com/24244716 un Demo Reel con algún dos meus proxectos e se o que vos interesa é o apartado artístico, a través deste enlace poderedes coñecerme un pouco mellor: http://www.ontherokdesign.blogspot.com.es/ Por suposto, é un pracer formar parte da Dag. Grazas pola benvida! Antón García Seoane (Vigo, 1986).

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.