Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
16 de xaneiro 2012

David Dopacio falará sobre a infografía como ferramenta de representación no ciclo das #charlasnaDAG este mércores

O director da Área Multimedia de FrutoDS, David Dopacio, será o convidado este mércores dentro do ciclo das #charlasnaDAG que está a ter lugar na Trisca.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

David Dopacio é deseñador industrial de profesión e está especializado en infografía fotorrealista de produtos e espazos. Tras cursar a carreira de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial na Universidade da Coruña, e despois de traballar no departamento de deseño do estaleiro Rodman, cofunda en 2006 o estudio de deseño de produto FrutoDS, que ten a súa sede en Pontevedra. Na súa charla que leva por título A infografía como ferramenta de representación, David Dopacio ademais de explicar en que consiste a infografía, fará tamén un breve percorrido pola súa evolución histórica e polas súas aplicacións como ferramenta de representación para o deseño de produto, así como pola súa influencia en sectores coma o deseño gráfico, a publicidade ou o cine. Ficha da 4º charla Título: A infografía como ferramenta de representación Deseñador convidado: David Dopacio, deseñador e socio fundador de FrutoDS desde o 2006 Hora: 19.00 Día: mércores, 18 de xaneiro de 2012 Lugar: Centro sociocultural A Trisca Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela Entrada libre ata completar a capacidade da sala

A charla tamén se poderá seguir en streaming en: http://www.ustream.tv/channel/charlas-na-dag

Máis información en: info@asociaciondag.org

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.