Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
9 de xuño 2014

Desconto exclusivo a socios para o MAD 2014

A asociación DAG, a través de READ e MAD Spain, chegou a un acordo para poder ofrecer un desconto exclusivo aos socios da DAG na compra de entradas para a edición 2014 de un dos eventos de deseño máis relevantes e interesantes do país.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A próxima edición de MAD 2014 celebrarase o vindeiro 27 e 28 de xuño no Palacio Municipal de Congresos de Madrid. Unha oportunidade que a calquera planner lle pode interesar e onde seguro, gozará aprendendo dalgunhas das mentes máis creativas.

Este ano, MAD presenta un cartel de relatores moi completo e interesante, entre os que destacan Vaughan Oliver, Cassidy Curtis (DreamWorks), Pat Perry ou Javier Jaén, entre outros.

Por ser socio da DAG, poderás beneficiarte dun desconto exclusivo do 20% no prezo da túa entrada. Para solicitar o desconto, tan só tes que escribir un correo a info@asociaciondag.org co asunto “desconto MAD”.

Esperamos que vos resulte interesante.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.