Desescribir presenta Fabulatorio no marco do programa intemción
Os nosos socios Cibrán Rico e Suso Vázquez, ou o que é o mesmo, Desescribir estarán o vindeiro mércores 16 de maio, ás 20.00 h, na librería Formatos da Coruña para presentar Fabulatorio,o seu novo proxecto editorial, dentro do marco do programa intemción.
Os nosos socios Cibrán Rico e Suso Vázquez, ou o que é o mesmo, Desescribir estarán o vindeiro mércores 16 de maio, ás 20.00 h, na librería Formatos da Coruña para presentar Fabulatorio,o seu novo proxecto editorial, dentro do marco do programa intemción. Será a súa, unha presentación dobre: a do proxecto editorial e mais a do ideario que se acha detrás, e tamén a dos dous primeiros números que ven a luz: o número 0 (f.00), conmemorativo do nacemento da editorial e titulado de xeito homónimo, Fabulatorio, e o número 1 (f.01), un caderno de fotografía, de título A casa do Oscar, con fotos de Luis Díaz Díaz e textos de Chico Buarque e Benoit Sindt, que quere reflexionar sobre a relación entre arquitectura e vida a través da casa que proxectou para si Oscar Niemeyer. Acompañando a Suso e a Cibrán, estará tamén Luis Díaz, o autor das fotografías, para falar da viaxe ao Brasil e do traballo realizado alí. Lugar: Librería Formatos Santiago Rey Fernández-Latorre, 5, baixo 4 15006 A Coruña
