DIÁLOGOS
O proxecto expositivo DIÁLOGOS inaugurarase o vindeiro mércores 1 de xullo de 2009, ás 20:00 horas na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.
A DAG, presenta unha exposición de logotipo/marca/identidade gráfica de recente creación en Galicia. Tamén se mostrarán anteriores accións do colectivo: "En torno da baskerville" e o taller de tipografía, "O ollo na rúa. sinais de identidade" realizado no CGAC (Santiago de Compostela). O día 10 de Xullo terá lugar, tamén en Pontevedra e formando parte deste mesmo proxecto: Pecha Kucha Night, presentacións de traballos creativos nun formato de 20 imaxes x 20 segundos.
