Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
20 de decembro 2010

Dino dos Santos centrou a súa intervención no feet 2010 nos últimos traballos

O deseñador portugués desvelou algunhas claves do seu traballo e fixo un repaso polas tipografías realizadas desde 2007 ata a actualidade. Unha especial atención dedicou a dúas novas familias de tipos especialmente deseñadas para o uso editorial: Acta & Acto e Velino. A primeira, versión serif (Acta) e san serif (Acto) hai pouco que foi estreada polo diario chileno La Tercera para celebrar o seu sesenta aniversario; mentres que a Velino é a principal fonte empregada pola publicación Nós en Portugal desde 2009. Recentemente tamén viu incluída no novo Diário de S. Paulo a Velino xunto coa Prelo e a Prelo Slab. Por último, velaquí tedes algúns datos máis que permiten comprender porque se está a converter nun dos nomes fundamentais dentro do deseño de tipos nos últimos tempos:

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

  • As súas tipografías úsanse en 48 linguas distintas.
  • Publicacións de todo o mundo empregan os seus tipos: Jornal das Letras (Portugal), Diário Económico (Portugal), Libèration (Francia), Le Figaro (Francia), A Bola (Portugal), The Observer (Reino Unido), Correio da Bahia (O Brasil), O País (Angola), Tiempo (España), Los Angeles Magazine (EUA).
  • Deseñou tipografías exclusivas para revistas como New York Times Magazine (Nyte), Stuff Magazines (Strapff), House Traders (Dobra).
  • No apartado dos galardóns, a súa tipografía Andrade, inspirada no traballo do tipógrafo luso Manoel de Andrade de Figueiredo foi unha das gañadoras nos premios aos mellores deseños tipográficos da revista Creative Review en 2006. E coa Ventura obtivo o Certificado de excelencia ao deseño de tipos do Type Directors Club de Nova York en 2008.
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.