Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
18 de agosto 2010

Documental. Ubanized. A documentary film by Gary Hustwit

Hai cinco anos, Gary Hustwit comenzou a traballar nun documental que analizaba o mundo do deseño gráfico e o impacto da cultura visual na sociedade a través da historia dunha tipografía lexendaria, a Helvetica. Helveticafilm foi presentado no 2007, ó cal seguiulle

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Objetified en 2009, un documental sobre o deseño industrial e de produtos e a relación cos obxetos manufacturados que nos rodean. A triloxía completarase agora co terceiro dos documentais deste realizador británico. Urbanized estará adicado ó deseño das cidades, analizará os problemas e as estrategias do entorno urbano cos arquitectos, políticos, constructores e pensadores máis destacados da última parte do século XX. O reto de equilibrar a vivenda, mobilidae, espazo público, o desenvolvemento económico e a política ambiental estan a ser hoxe en día preocupacións universais, sen embargo, moitas destas cuestións están fora do dominio público.

Ao contrario de moitos campos do deseño, as cidades non son creadas na súa totalidade por especialistas ou expertos, senon que moitos axentes contribúen ó cambio urbano, incluíndo os cidadáns comúns, que poden ter un impacto grande na mellora das cidades nas que viven. Urbanized pretende crear un debate global sobre o futuro das cidades. Urbanized está agora en producción e a súa estrea está planificada para 2011.

www.urbanizedfilm.com

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.