Doli, doli, doli... coas conserveiras estará en Cineuropa
Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo, o documental producido por [sic], unha división do estudio de deseño gráfico e comunicación uqui ||||| cebra, é unha das obras seleccionadas dentro da sección Panorama Audiovisual Galego da 25 edición do Festival de Cineuropa que desde o 9 de novembro e ata o 2 de decembro se desenvolve en Santiago de Compostela.
O documental regresa deste xeito ao CGAC, a sala na que se presentara o pasado 21 de maio, despois dun longo periplo polas salas do Marco, Normal ou CGAI e por festivais coma o Festival de Films de Dones de Barcelona ou Xociviga, as Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia. A cinta, con guión, dirección e realización de Uqui Permui, reflicte a loita iniciada polas traballadoras da fábrica de conservas de Odosa, na illa de Arousa, cando a raíz do peche da conserveira na que traballaban saen a luz as numerosas irregularidades laborais ás que estiveran sometidas e se descobre que nin sequera existían testemuños documentais do traballo realizado na fábrica, nalgúns casos ao longo de máis de trinta anos. Día: xoves 24 de novembro Hora: 21. 15 Lugar: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Enlace á ficha do documental na páxina do festival: Doli, doli, doli... coas conserveiras
Máis información en: [sic]
