Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
29 de outubro 2024

Dous Premios Clap Platinum para a publicación Otro mar

O noso socio Carlos el Rojo asina o deseño de libro e de cuberta que veñen de levarse as dúas máximas distincións na última edición dos Premios Clap.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os premios Clap recoñecen traballos de deseño a nivel internacional. Concorreron á presente convocatoria pezas de gráfico e industrial realizadas entre 2023 e 2024 en América Latina, Estados Unidos, Brasil, España e Portugal.​ Dentro desas dúas disciplinas do deseño atopamos oito categorías: Branding e packaging, editorial, ilustración, ​​​industrial, márketing e publicidade, motion graphics e vídeo, tipografía, web e apps, e outros (miscelánea)​. O certame concede un só Premio Platinum e ata dez Seleccións Clap por categoría.

Otro mar, o traballo realizado polo noso compañeiro Carlos el Rojo para a editorial Libros del Océano recibiu dous Premios Platinum, un ao mellor deseño de cuberta e outro ao mellor deseño de libro de texto. Este extenso volume de 640 páxinas percorre as orixes do surf en Galicia, con fotografías e reproducións de cartelería e outra documentación do ámbito datada entre 1967 e 1983.

O deseñador e director de arte de Coma Comunicación Creativa iniciou a súa relación coa editora coruñesa no 2018, un selo creado por Océano Surf Club que reúne proxectos literarios, de ilustración ou fotografía que teñen unha especial relación coas augas que bañan as costas galegas.

Web dos premios
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.