Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
30 de novembro 2010

Duas linhas

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Pedro Campos e Nuno Louro Libro e exposición

Duas linhas é un proxecto dos arquitectos Pedro Campos e Nuno Louro co que os autores quixeron facer un retrato sensorial do territorio. O 70% da poboación habita o territorio portugués ao longo da costa occidental e apenas un 30% vive no interior do país, ao longo da fronteira con España. Dúas zonas habitadas de diferentes maneiras, con tempos diferentes, ritmos, arquitecturas, paisaxes, culturas, velocidades e densidades diferentes. Estes dous mundos, constitúen dúas realidades con potencialidades e problemas. Na liña ao longo da fronteira, o territorio está poboado con imaxes dun tempo tempo perdido, desertificado e sen esperanza. Cunha paisaxe melancólica pouco urbanizada, poboada dun imaxinario rural, hoxe cun potencial turístico, ambiental e un patrimonio cultural e arquitectónico envexable. O que se encontra ao longo da liña da costa é outra realidade claramente urbanizada de forma continua e dispersa, marcada polas grandes infraestruturas viarias e ferroviarias, unha paisaxe urbana típica. Aquí encóntrase a sociedade creativa e produtiva, típica das grandes urbes, continuamente en proceso de cambio e cunha enorme carga de construción. Os arquitectos percorreron os 715 quilómetros do territorio continental, nas dúas liñas, con dous itinerarios diferentes e unha metodoloxía de norte a sur, en tempos e percorridos diferentes. Sacaron 70 fotos en 70 puntos predefinidos. Dous territorios e tempos unidos punto a punto pola mesma latitude. Convidaron a dous fotógrafos para 5 rexistros individuais en latitudes, preferentemente non consecutivas, á súa escolla. Daniel Malhão para a liña ao longo da fronteira, Nuno Cera para a liña ao longo da costa. O resultado do percorrido é un libro de case 150 páxinas, con fotografías e elementos gráficos e prefacio de Álvaro Domingues, Mário Alves, Samuel Rego, João Seixas e João Ferreira Nunes.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.