Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
5 de decembro 2018

Encontro de políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación

A Consellaría de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) pecha o ciclo de actividades do Programa de Deseño para a Innovación para este ano cun Encontro de políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O Encontro de políticas públicas e boas prácticas empresariais para a innovación desenvolverase o próximo martes 11 de decembro de 2018 no CIS Galicia de Ferrol en horario de mañá, e a inscrición é gratuíta.

A sesión estará dividida en dúas partes: unha primeira dedicada á presentación de distintas iniciativas públicas en materia de deseño para a innovación dirixidas a empresas e, especialmente, a pemes; e unha segunda en que se porá o foco en diferentes casos de éxito de empresas tractoras que implementaron o deseño como ferramenta estratéxica de innovación e competitividade.

Completarán os contidos da xornada, a exposición Galicia. O deseño como motor, centrada nos referentes do deseño industrial en Galicia. Durante a inauguración, David Barro presentará a publicación homónima.

Programa do encontro

Políticas públicas de deseño para a innovación

09.30 - 10.00 h Rexistro de asistentes

10.00 - 10.40 h: Porto Design Biennale 2019 Promoción social e económica do norte de Portugal (Porto e Matosinhos) a través da promoción e a internacionalización do pensamento e a práctica do deseño

10.40 - 11.00 h Ecosistema do deseño europeo, o papel da comunidade do deseño da UE nas políticas de innovación

KiKe Correcher, representante da READ en BEDA, Bureau of European Design Associations, rede de 50 centros de deseño e asociacións con presenza en 25 países que levan sendo a voz da comunidade de deseño europea desde 1969

11.00 - 11.30 h Ecosistema do deseño estatal, o papel da comunidade de deseño nacional nas políticas de deseño nacionais e europeas

Vicente Gallega, presidente da Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) e Uqui Permui, representante da DAG, Asociación Galega de Deseño na READ

11.30 - 12.00 h Pausa café

12.00 - 12.20 h Inauguración da exposicións Galicia. O deseño como motor por Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

12.20 - 12.30 h Apertura do encontro por Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

12.30 - 12.45 h Presentación da publicación Galicia. O deseño como motor por David Barro, director da Fundación DIDAC

Boas prácticas empresariais de deseño para a innovación

12.45 - 14. 15 h Empresas galegas que fixeron unha aposta estratéxica polo deseño en Galicia:

  • José Cabanas Muíños, CMO director de marketing estratéxico de Estrella Galicia
  • Maite Rodríguez Calabria, directora departamento deseño; Javier Aliste González, Deseño e Marketing Dixital, FINSA.
  • Diego Piñeiro Carrera, director de I+D+i, Selmark Lingerie.
  • Pablo García Bodaño, CEO & president Tattoo Contract.
  • Nuria Varela Portas, directora xeral de Pazo de Vilane.
  • Rosario Froján e Alfredo Olmedo, socios-directores de D-Due

14.15 - 14.45 h Empresas galegas galardoadas nos Premios Paraugas do Clúster da Comunicación Gráfica. O papel dos estudios de deseño galegos para a innovación e a competitividade

Categoría de Deseño Gráfico

Suso Vázquez e Cibrán López, socios fundadores do estudio de deseño gráfico e editorial desescribir

Premio 2018: Identidade gráfica para a Fundación Arquitectura y Sociedad

Premio 2017: Identidade Gráfica para o Laboratorio Cidadán da Coruña CoLab.

Presenta David Silvosa, socio fundador do estudio de deseño, comunicación visual e construción de marcas Costa e secretario de deseño do Clúster da Comunicación Gráfica.

Categoría de Deseño Industrial

Xabier Rilo e Ricardo Tubío, socios fundadores do estudio de deseño de espazos, embalaxe, produto, gráfico, sinalética e I+D cenlitrosmetrocadrado

Premio 2018: Natur Hall espazo vivo e dinámico de creación, exposición, formación... na factoría de Padrón de Finsa

Premio 2017: Global Refuge espazo de Finsa en Casa Decor

Presenta José Ramón Méndez, director da Escola Universitaria de Deseño Industrial EUDI-UDC

Categoría Deseño Dixital e Multimedia

Carlos Álvarez e Noelia Fernández, socios directores do estudio de deseño de identidade, packaging, web/app, gráfica, editorial e exposición Desoños.

Premio 2018: Páxina web para Pepe Vieira

Premio 2017: Portal web realizado para Afundación

Presenta Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC

14.45 - 15.00 h Clausura do encontro por Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN)

15.00 h Xantar

Inscrición
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.