Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
8 de novembro 2018

Encontro sobre deseño e innovación empresarial este martes 13 de novembro en Ferrol

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), celebra o martes 13 de novembro en Ferrol, no CIS Galicia (A Cabana s/n) o Encontro ecosistema do deseño para a innovación empresarial.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O Encontro ecosistema do deseño para a innovación empresarial ten como obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial.

Os participantes terán ocasión de coñecer o impacto positivo da actividade asociativa sobre o desenvolvemento do deseño tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, e ademais poderán compartir as experiencias de transferencia de coñecemento e talento á industria que exporán as principais escolas de deseño galegas.

Como parte do Programa de Deseño para a Innovación 2020 desenvolto pola Xunta, a xornada busca fomentar o intercambio de coñecemento, a difusión de boas prácticas e o estabelecemento de contacto entre os e as profesionais e asociacións do deseño, a industria galega e as institucións académicas vinculadas ao sector.

Programa e inscricións
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.