Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
25 de abril 2014

Enric Satué e Alberto Corazón conversarán sobre o oficio de deseñador en Compostela, nun diálogo aberto á participación

O deseño será o protagonista na xornada organizada pola DAG, Asociación Galega de Deseñadores, para o vindeiro luns 19 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A conversa de deseño enmárcase dentro do ciclo das #charlasnaDAG, unha iniciativa que botou a andar a finais de 2011 e coa que a DAG pretende fomentar a través do formato da charla o intercambio de experiencias e coñecementos entre os profesionais do deseño. Nesta ocasión, os deseñadores convidados serán Enric Satué e Alberto Corazón, figuras clave na historia do deseño no Estado; ámbolos dous galardoados co Premio Nacional de Deseño en 1988 e 1989 respectivamente. De moderador e condutor do coloquio actuará o deseñador galego Pepe Barro. Na liña das #charlasnaDAG, a xornada xirará ao redor da profesión do deseño e pretende servir de punto de encontro para que profesionais e futuros deseñadores debatan sobre as múltiples cuestións que preocupan á profesión: a procura de traballo, os concursos, as estratexias, a relación co cliente, etc. A conversa, que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e mais da Fundación Cidade da Cultura, desenvolverase ao longo de todo o día e de acordo cun formato aberto que favorecerá o diálogo entre convidados e público asistente. A inscrición na xornada é gratuíta para os socios da DAG. Para o resto do público terá un custo de 15 euros. A capacidade da sala é limitada e as prazas reservaranse por orde de inscrición, a data límite para confirmala é o mércores 7 de maio. Todas aquelas persoas interesadas en asistir, só teñen que enviar un correo a info@asociaciondag.org e seguir as indicacións que se lles faciliten.

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.