Entrecruzar 1, 2 e 3
Entrecruzar 1 Formou parte do Proxecto-Edición. Cada edición variou de formato e contido, aínda que o eixe central foi o territorio e os espazos públicos.
No ano 2006 coordinado por Uqui Permui e Antonio Doñate, varios artistas partiron da idea de que tanto a bandeira coma o himno galegos non foran deseñados nin presentados no propio territorio. A acción consistía en expor, nese momento concreto, como era a nosa propia identidade máis alá do territorio galego. En Itinerarios de ida e volta invitamos a participar a escritores, poetas, comisarios, deseñadores, artistas e persoas vinculadas a diferentes eidos da cultura que estaban investigando dalgún xeito sobre o tema. A resposta foi maior do que esperabamos; houbo un efecto bóla de neve polo que a invitación se pasaba por correo electrónico e a rede ampliouse máis alá do que nós a iniciamos.
**Entrecruzar 2, Delimitación territorial.**A ocupación das marxes do espazo A publicación consta de cinco carteis que realizaron cada unha das artistas e colectivos para reflexionar sobre a ocupación dos espazos públicos. anja Lutz, carme Nogueira, muf, oda projesi e viajo editado e coordinado por uqui permui Entrecruzar-tres Un arquivo de materiais sobre as feiras en Galicia e na fronteira con Portugal. Os toldos espallándose sobre o territorio de maneira orgánica, a inmediatez da oferta e da demanda, os fíos invisibles que sitúan este comercio efémero, verificando a facilidade de emerxeren entre as rúas os máis dispares produtos. Documental dirixido por Marta Piñeiro e Uqui Permui


