Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
27 de xaneiro 2025

Era Comunicación e Sr. Concejo premiados nos Anuaria

A XXXI Edición dos Premios Anuaria acaba de publicar os proxectos premiados e entre eles atopamos aos socios José A. Pérez Gil de Era Comunicación e Yago Concejo de Sr. Concejo, con traballos en diferentes categorías.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os Premios Anuaria celebran a súa 31 edición​ e publican na súa we​b​ a lista completa de proxectos premiados nas diferentes categorías​. Temos que trasladar os parabéns a dous compañeiros de DAG. Por un lado, José A. Pérez Gil de Era Comunicación que conseguiu unha Selección Anuaria ao mellor cartel polo 30º Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. E por outra banda, Yago Concejo, de Sr. Concejo, que recibiu unha Selección Anuaria polo traballo de márketing directo realizado para PF1 interiorismo.

O xurado dos premios está formado exclusivamente por representantes designados das organizacións profesionais. Este ano, representando a DAG estivo o compañeiro Carlos el Rojo.​​

Web dos premios
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.