Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
9 de outubro 2017

Estaba facendo falta un FEED ;)

E velaquí o está! Como cada dous anos desde aquel primeiro de 2010, temos aquí unha nova edición do FEED, o Foro de Edición e Deseño que organiza a DAG co patrocinio da Agadic.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Nesta cuarta edición, o FEED terá lugar o 3 e o 4 de novembro en Santiago de Compostela e reunirá un grupo heteroxéneo de profesionais, con facetas moi distintas, para ofrecer ao longo de dous días unha panorámica o máis diversa posíbel do traballo do deseñador: diferentes ámbitos de especialización do deseño, diferentes metodoloxías de traballo, de organización, de relación...

Igual que en anos anteriores, o programa deste ano combina 3 tipos de actividades:

  • 2 obradoiros para grupos grupos reducidos: un de visual thinking que impartirá Elena Urizar e outro sobre tipografía dixital co software GlyphsApp, a cargo da deseñadora de tipos Joana Correia. Ambos os dous desenvolveranse en horario de mañá na sala Dídac.
  • 7 conferencias que decorrerán durante as tardes no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Os conferenciantes do primeiro día serán Lois Guillán (cucuducho), João Martino e Miguel Almeida (Non-Verbal Club) e Elena Urizar. O segundo día acompañáronnos Coca Rivas, Francesco Furno e Pablo Galeano (relajaelcoco), Joana Correia e Bea Lema.
  • 1 mesa de debate con alumnos das escolas de deseño galegas que terá lugar o venres 3 de novembro ás 18.45 h.

Convidámosvos a todos e a todas a visitardes a web e participardes no FEED!

FEED 2017
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.