Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
7 de marzo 2012

Este venres preséntase en Santiago o Curso de creación de empresas de deseño

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Este venres, 9 de marzo, ás 16.30 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela terá lugar a presentación oficial do Curso de creación de empresas de deseño (CREA). Trátase dun curso que ten como obxectivo principal a creación de novas empresas mediante a formación empresarial e a titorización individual dos proxectos de emprendedores. Nesta primeira edición, de entre todas as solicitudes presentadas, foron 19 os alumnos seleccionados que finalmente contarán con apoio personalizado para axudarlles a plasmar a súa idea empresarial nun proxecto viable susceptible de ser levado á practica. Durante o curso, que imparte a Escola de Organización Industrial (EOI), seguirase unha metodoloxía baseada na formación práctica e na atención individualizada a cada un dos emprendedores. Co fin de facilitarlles aos participantes o tempo suficiente para que poidan ir madurando a súa idea de negocio, o curso desenvolverase desde marzo a xullo. Cinco meses aproximadamente ao longo dos que debullarán os diferentes contidos do programa que se estruturan en 10 módulos: Intelixencia Estratéxica: Deseño do modelo de negocio, Creatividade: Design Thinking e Innovación, Mercadotecnia e Técnicas de Venda, Informática e Contorno Dixital, Comunicación, Contorno Fiscal e Mercantil, Finanzas, Internacionalización, Axudas Locais e Manexo da Aula Virtual. O curso CREA está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e ENISA e na súa organización colabora a Asociación Galega de Deseñadores (DAG) e a galería Sargadelos.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.