Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
8 de xullo 2020

Experimenta e DAG, nova colaboración

A Editorial Experimenta e a Asociación Galega de Deseño acaban de asinar un acordo de colaboración que ten como obxectivo común difundir a obra, reflexión e investigación de deseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Con máis de 30 anos de vida, Experimenta é xa un referente na divulgación e comunicación do deseño iberoamericano. O deseño gráfico, o industrial e o interiorismo son parte importante dos contidos que a Editorial difunde a través da súa plataforma dixital e nas súas publicacións impresas. A relación entre deseño e tecnoloxía, os artigos de opinión, as entrevistas, os eventos e actividades, son tamén esenciais na súa maneira de entender o sector.

O proxecto, que botou a andar en 1988 cunha publicación local gratuíta, conta hoxe cunha revista que se distribúe en máis de 50 países e un portal dixital que serve de ferramenta de comunicación para a comunidade profesional.

Grazas a este novo acordo, as persoas asociadas á DAG poderán beneficiarse dun desconto do 15% na suscrición anual da revista Experimenta e dun 5% en todas as obras do seu fondo editorial. Esta liña de actuación, de colaboración con distintos axentes, permitirá avanzar na divulgación do deseño, para fortalecer o sector e promover o coñecemento e estudo da disciplina.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.