Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
5 de abril 2019

EXPRESS, xornada de impresión tradicional

A DAG, Asociación Galega de Deseño, en colaboración con NORMAL, organiza unha xornada para achegarse á impresión con tipos móbiles na era dixital e coñecer como os pequenos obradoiros que usan as técnicas tradicionais entenden o proceso e afrontan a impresión desde novas perspectivas.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A xornada, que leva por título EXPRESS, terá lugar o próximo 26 de abril no NORMAL, Espazo de intervención cultural da Coruña e desenvolverase ao longo de todo o día.

O programa completo de actividades inclúe:

  • Unha sesión de mañá en que o Colectivo Manchea impartirá un obradoiro de Letterpress.
  • Unha sesión de tarde durante a que se proxectará o filme Los últimos de Pablo Pivetta e Nicolás Rodríguez Fuchs, seguido dun coloquio sobre a imprenta tradicional hoxe. No debate intervirán o realizador do filme, Pablo Pivetta, Tono Galán e Laura Sánchez (Manchea), Juanjo López (Familia Plómez e UnosTiposDuros), e estará moderado Cibrán Rico (desescribir).

A xornada rematará cunha pequena mostra dos traballos creados durante o obradoiro da mañá e cunha conversa informal acompañada dunha boa cervexa fornecida por 1906 e do estupendo xamón Selecta Coren.

Todas as actividades son de balde ata completar a capacidade no local. No caso do obradoiro, como só dispón de 15 prazas, cómpre que vos inscribades con antelación, mais podedes facelo a través da web de EXPRESS. Entrade nela para consultar toda a información e para as inscricións.

EXPRESS
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.