Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
30 de outubro 2010

Feet 2010

A DAG organiza o feet 2010, un foro de edición e tipografía que durante os días 2, 3, 4, 16, 17 e 18 de decembro traerá a profesionais da talla de La Más Bella e de Andreu Balius a Pontevedra.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Pepe Murciego e Diego Ortiz, coeditores de La Más Bella, serán os encargados de abrir o feet cun taller de edición e xestión de revistas de arte experimentais dirixido a profesionais (editores, deseñadores, artistas visuais, escritores); e a semana seguinte, será a quenda do deseñador catalán, Andreu Balius, co seu taller de tipografía.

Seis días de intensa actividade, nos que haberá exposicións, presentacións de libros, debates... nos que se analizarán as últimas tendencias e proxectos emerxentes no ámbito editorial, nun foro que pretende ser un espazo para o intercambio de ideas e para a reflexión sobre o futuro da edición.

O Foro está patrocinado por AGADIC e conta coa colaboración da Universidade de Vigo e mais de Creativa cultural (Industria Cultural Galicia-Norte de Portugal).

Máis información na páxina do feet.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.