Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
8 de febreiro 2013

Foro DAG: Propostas de avance para o deseño

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Asociación Galega de Deseñadores (DAG) organiza o próximo sábado 9 de febreiro entre as 12.00 e as 20.00 h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela o foro: Propostas de avance para o deseño. Trátase dunha iniciativa coa que a DAG quere convidar a todas as persoas interesadas no deseño a reflexionar sobre o papel que este debe xogar na sociedade e tamén sobre algunhas das cuestións que teñen que ver co traballo diario dos deseñadores. O foro articúlase en seis mesas de traballo, cada unha delas centrada nun dos seguintes temas de interese para os deseñadores:

  1. A web como medio no contexto da edición 2. Educación e formación en deseño en Galicia 3. A produción do deseño galego 4. A comunicación do deseño galego 5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica 6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas (contratacións, concursos...) Para participar, o único que hai que facer é enviar un mail a info@asociaciondag.org antes do 5 de febreiro para confirmar asistencia especificando a mesa da que se quere formar parte. No caso de que se cubran todas as prazas, os socios da DAG sempre terán preferencia.

Descarga o programa:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.