Novas

Gain organiza unha xornada sobre mobiliario intelixente

A Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) organiza a xornada Mobiliario Intelixente: Identificación de Oportunidades. Nela expoñeranse distintas posibilidades tecnolóxicas e desenvolvementos específicos para o sector do moble, á vez que se presentan casos de éxito.

Os temas que se abordarán serán:

  • A Internet das cousas - internet dos mobles
  • Novos conceptos de mobiliario intelixente para eSaúde e mellora da vida diaria
  • Mobiliario multisensorial para servizos asistenciais e envellecemento activo
  • Micro e nano Solucións para mobiliario intelixente de valor engadido
  • Reunións B2B

A xornada está dirixida a emprendedores e responsables de dirección, produto ou innovación.

Data límite de inscrición: xoves 25 de xuño de 2015.. Inscríbete aquí

Data da xornada: xoves 2 de xullo de 2015 Horario: 09.30 h – 14.30 h Lugar: Salón de actos do edificio CEI Parque Tecnolóxico de Galicia Xornada gratuíta. Imprescindible inscrición. Prazas limitadas.