Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
28 de outubro 2010

Homes sentados

O artista Carlos Rodríguez-Méndez pídelles a homes maiores de 70 anos residentes en Madrid que emitan un son continuado e intelixible durante un minuto mentres son fotografados e gravados en vídeo cenitalmente.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Homes sentados busca a inserción artística nos corpos extremadamente vividos de homes. Estes son interpretados como un intenso material físico e emocional. Os seus sons irrompen sobre o proxecto, procuran unha información real e tanxible deses corpos cos que seguir analizando a linguaxe e os principios procesuais da escultura en si. A Carlos Rodríguez-Méndez interésalle a fisicidade do corpo vivido, entende a súa carga, a intensidade da súa materialidade e cáusalle un profundo respecto. O ofrecemento voluntario de cada home, mediante a disposición do seu corpo e o feito de filmalos cenitalmente, afonda na análise sobre o profundo anonimato que persegue. Interpreta esta perspectiva das cabezas coma un espazo extremadamente privado e para iso precisa do desexo voluntario de cesión, de intrusión nel. Recorre a materiais que interpreto como sostidos nunha tensión real entre a obstinación e a caída.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.