Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
21 de setembro 2023

Inauguración da exposición​ ​«A cociña de Barro» na Fundación Didac

O próximo 28 de setembro ás 19 h​ ​inaugúrase na Fundación Didac a exposición «A cociña de Barro. Os cadernos de deseño», unha viaxe de 50 anos no deseño protagonizada polo noso socio Pepe Barro a través de 66 cadernos de debuxo, proxeccións e varias pezas penduradas. Poderase visitar ata o 22 de decembro de 2023.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe de Pepe Barro

A Fundación Didac convida ao deseñador Pepe Barro para mostrar os cadernos do seu traballo cotiá​n e moito máis. 50 anos dan para moito. Ademais de ser un deseñador clave en Galicia, é un gran historiador e divulgador da cultura galega; faceta que iniciou no Grupo Revisió​n.

Na sala poderanse ver 66 cadernos de diversos formatos que foron utilizados ao longo da súa carreira profesional. Pero tamén, algunhas pezas enmarcadas que mostran os primeiros traballos de Pepe aló polo 1973, e varias proxeccións de imaxes que aglutinan gran parte da obra do deseñador realizada nestes anos.

Segundo as palabras do propio Pepe: «nos cadernos hai esbozos, o pensamento gráfico, ás veces errático, outras coherente e lóxico, pero sempre fresco e, claro, hai notas, debuxos, artigos, listaxes, planos, imaxes coladas, encartadas… Non os revisei de vagar, non os censurei, decidín espirme poñendo nas mans e nos ollos do público a intimidade, espero non arrepentirme, porque vergoña teño».

A exposición estará aberta ata o 22 de decembro e poderase visitar de martes a venres de 10 a 14 e de 16 a 19 h. Os sábados con cita previa.

Máis información en DIDAC
A lume manso, Pepe Barro
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.