Influences de Anna Gerber e Anja Lutz
Baixo a forma dun léxico, este dicionario das influencias e referencias do Deseño Gráfico constitúe un valioso instrumento de investigación e unha rica fonte de inspiración para todos os deseñadores.
Para a elaboración do libro, preguntouse a preto de douscentos deseñadores gráficos de todo o mundo por aquilo que estaba a influír neles e no seu traballo. As súas respostas revelan os catalizadores ocultos que impulsan e motivan os deseñadores gráficos na actualidade e ofrecen unha visión completa do seu proceso de traballo. Ademais, as entradas permiten que nos fagamos unha idea da inxente cantidade de traballo e de investigación que se acha detrás de cada proxecto creativo.
Influences: A lexicon of contemporary graphic design realizouse cun sistema de base de datos de publicación en liña especialmente desenvolvido por Stephan Maximilian Huber.
