Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
28 de outubro 2010

Isilda ou a mudez dos códigos de barras

A Oficina do Cego é unha asociación sen ánimo de lucro que desenvolve o seu traballo no dominio das artes gráficas. Fundada en Lisboa, en 2009, dedícase a desenvolver e promover todo un conxunto de prácticas de impresión e autoedición.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A asociación organiza tamén organiza obradoiros, seminarios teóricos e exposicións, e participa en eventos do ámbito da edición nacionais e internacionais. O seu nome débese a unha importante casa de impresión do século XVIII.

Isilda ou a mudez dos códigos de barras é unha reedición do poemario de Manuel Freitas publicado por Black Sun en 2001 (a edición está esgotada).

A Oficina do Cego fixo unha nova versión cunha tiraxe de 250 exemplares numerados e asinados polo autor e polos ilustradores (Manuel Diogo e Luís Henriques) composta e impresa enteiramente con tipografía de caracteres móbiles.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.