IV Curso de divulgación científica na sociedade: Transmisión e información. A importancia do deseño e a configuración da mensaxe
A Universidade da Coruña dedica esta IV edición do Curso de divulgación científica na sociedade á importancia da imaxe e do deseño na configuración das mensaxes.
O programa do curso que se celebra o 6 e o 7 de xullo na sala de prensa da reitoría da UDC, arranca o venres pola mañá coas conferencias do vicerreitor de Cultura e Comunicación da UDC, Luís Caparrós, e de Manuela Mariño, deseñadora na Voz de Galicia. Xa pola tarde, desenvolverase unha mesa redonda que leva por título Transmisión da información a través do deseño e na que participarán o presidente da DAG e profesor de Deseño na UVigo, Marcos Dopico, a deseñadora gráfica, tamén membro da DAG, Uqui Permui, o vicedecano da Facultade de Belas Artes da Uvigo, Fernando Suárez, e Javier Barreira, account manager de Elogia. O curso clausurarase o sábado cun obradoiro de deseño impartido por outro socio da DAG, neste caso, Daniel Bembibre, e que durará todo o día. Toda a información e matrícula, aquí.
