IX Agasallo a Luís Seoane
O próximo 1 de xuño ás 19.30 h na biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés inaugúrase Picasso 73, unha mostra de libros da biblioteca de arte de Luís Seoane. A continuación, procederase á plantación de tres rudas e un allo verde fronte ao busto da praza de Luís Seoane.
A actividade enmárcase dentro do IX Agasallo a Luís Seoane, o evento que cada ano conmemora o nacemento do artista. Ademais da exposición, que permanecerá aberta ata o 29 de setembro, o programa de actos previsto para este 2015 inclúe a celebración o 4 de xuño no salón de actos da biblioteca, tamén ás 19.30 h, de dúas conferencias: Biblioteca de arte de Luís Seoane: Picasso, a cargo do presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, e Do Seoane máis deseñador, por parte do deseñador Pepe Barro.
