Novas

IX Xornada de Arquitectura e Deseño na Cidade da Cultura

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza a IX Xornada de Arquitectura e Deseño.

A xornada comezará ás 09.30 h e durante a sesión da mañá terán lugar 2 conferencias e unha mesa redonda:

10.00 h Pensamento Glocal no deseño con Xabier Rilo e Ricardo Tubío (cenlitrosmetrocadrado)

10.45 h Deseño sen querer con José Antonio Vázquez (Estudio Nómada)

12.00 h Mesa redonda: Deseño e Industria moderada polo arquitecto e doutor pola ETSAC da Universidade da Coruña Elías Cueto e na que participarán:

  • Tania Pichel, arquitecta, responsábel do Departamento Técnico de Molduras do Noroeste
  • Ana Hermida, directora comercial e de marketing de Mobles Hermida
  • Xabier Rilo e Ricardo Tubío, enxeñeiros en Deseño Industrial e fundadores de cenlitrosmetrocadrado
  • José Antonio Vázquez, arquitecto e un dos fundadores do Estudio Nómada

A actividade retomarase a partir das 16.00 h cunha serie de encontros empresariais. Trátase de encontros coordinados e marcados con antelación entre empresas, arquitectos e deseñadores que asisten ás xornadas. Cada entrevista terá unha duración de 15 minutos.