Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
28 de outubro 2010

La más bella

La Más Bella é un proxecto de acción e experimentación editorial, que impulsa e realiza proxectos artísticos especificamente pensados para seren editados por canles e métodos alternativos ao mundo editorial convencional.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Un proxecto sen ánimo de lucro que se concreta en varias vías de actuación: En primeiro lugar, e principalmente, na edición da revista experimental La Más Bella, un soporte de experimentación editorial, que se edita regularmente desde 1993,e con aproximadamente 40 números na rúa. En segundo lugar, a través de proxectos como Bellamátic e os seus alter ego BolaBellamátic e Bellamatamátic, todas elas máquinas automáticas expendedoras de produtos editoriais e artísticos. E en terceiro lugar, na organización de obradoiros, charlas, ciclos de arte acción, etc., relacionados coa actividade editorial. A revista experimental La Más Bella é un colector de colaboracións, que conta en cada edición co traballo de creadores procedentes de todas as disciplinas artísticas, tanto plásticas como literarias, audiovisuais ou conceptuais, principalmente do ámbito artístico e cultural español. Os colaboradores (case 700 desde 1993) son invitados a traballar nun tema monográfico e nun formato proposto por La Más Bella. O seu traballo é totalmente altruísta, e La Más Bella asume os procesos de produción, financiamento e distribución. Ademais de nos contidos, La Más Bella aposta desde sempre por un produto experimental no seu formato e aparencia externa, co que se queren achegar á idea de revista ensamblada ou libro obxecto que cultivaron moitos artistas e colectivos ao longo dos séculos XX e XXI.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.