Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
27 de outubro 2010

La Más Bella impartirá un taller de edición e xestión de revistas de arte e experimentais

La Más Bella impartirá un taller de edición e xestión de revistas de arte e experimentais La Más Bella é unha revista de arte que publica traballos de artistas contemporáneos, poesía experimental (poesía visual, fonética...), arte sonoro, videocreación, etc.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Conta con máis de 15 anos de experiencia, máis de 30 edicións publicadas e preto de 600 colaboradores do ámbito artístico e literario español contemporáneo. A orixinalidade do proxecto La Más Bella radica na creación de revistas e proxectos experimentais que reflexionan e investigan sobre aspectos tradicionais da edición de arte: os contidos, os colaboradores, os temas, o formato, a distribución, etc., e trata de crear edicións orixinais e diferentes, utilizando poucos medios e moita imaxinación. DIRIXIDO A: - Profesionais do mundo da edición de libros e revistas: editores, deseñadores... - Artistas visuais de calquera disciplina: pintura, ilustración, fotografía, performance… - Deseñadores gráficos - Escritores e poetas, en xeral calquera persoa interesada ou que estea familiarizada coa edición de fanzines e a autoedición literaria e artística. Prazas limitadas (ver apartado de participa) No taller, Diego Ortiz e Pepe Murciego, coeditores de La Más Bella, propóñenlles aos alumnos a creación dunha revista experimental de arte e creación. Para iso, primeiro repasarán exemplos de produción editorial independente (fanzines, libro obxecto, edicións de artista...) e a continuación terán que ser eles os que poñan en práctica un modelo de edición totalmente experimental e non comercial. Aos participantes proporcionaránselles as ferramentas e os recursos para que creen en varios días unha revista experimental de arte, en edición limitada e formalmente obxectual, cuxa edición final se repartirá entre os propios alumnos.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.