Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
15 de decembro 2010

Manual de supervivencia para los días del gran desastre

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Clase Turista Bos Aires Libros

Manual de Supervivencia para los días del gran desastre Convencida da proximidade da fin do mundo, a Editorial Clase Turista lanza un libro de autoaxuda para os últimos superviventes da especie humana. O libro presenta mediante consellos e ilustracións, técnicas para conservar a vida en distintos escenarios de aniquilación. Desde instrucións para fabricar trampas para comer ata a construción de refuxios nucleares, pasando pola maneira de vencer un zombie nunha pelexa corpo a corpo. Autores: Iván Moiseeff, Lorena Iglesias e Esteban Castromán Bos Aires, 2008 | Español | 20,5 x 13,3 cm (8.07 x 5.23 in.) | 46 páxs. | ISBN: 978-987-22450-5-4

Mirad al cielo: ¡Los renos caen ardiendo!Editorial Clase Turista e o CCEBA quixo encerrar o espírito do nadal e o seu reverso nun libro. Para iso, lanzaron un concurso sobre poemas que recollesen todos os sentidos deses días e noites en que os televisores quedan posuídos por películas relixiosas, as mercadorías de cores rechamantes invaden os escaparates dos negocios, os nenos se sobreexcitan e o ánimo dos adultos flutúa entre a angustia e a manía, ao ritmo das luces da árbore de nadal. O resultado é este libro. Benvidos ao lado B do Nadal. Autores: Maximiliano Matayoshi, Matías Moscardi, Juan Terranova, Sol Echevarría e outros. Bos Aires, 2009 | Español | 21 x 13,5 cm (8.25 x 5.5 in.) | 48 p. | ISBN: 978-987-22450-6-1

Horny housewife kidnapped [Ama de casa calentona secuestrada] Nenos na véspera dunha pelexa de barrio, desocupados perturbados e furiosos, crimes infantís narrados por Crónica TV, empregadas de call centers aparvadas polo sistema ou adolescentes que estudan por primeira vez a paisaxe dunha pista de baile. Estes poemas achégannos á vida cotiá da Arxentina do século XXI, a través de aventuras cotiás, salpicadas de sexo, violencia, diñeiro e fantasmas infantís. Autores: Esteban Castromán, Lorena Iglesias e Iván Moiseeff Bos Aires, 2006 | Español | 20,5 x 13,5 cm (8 x 5.25 in.) | 46 páxs. | ISBN: 987-22450-0-2

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.