Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
12 de decembro 2012

María Guevara, a nova socia que acaba de chegar á DAG

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Chámome María Guevara, vivo e traballo en Vigo, o primeiro desde sempre e o segundo desde hai nove anos. Cando rematei os meus estudos de deseño gráfico comecei a traballar en publicidade; aprendín moito, case todo o que sei agora mesmo da profesión, gañei experiencia durante oito anos, coñecín grandes profesionais e acumulei vivencias persoais incribles. Alí estiven ata que, hai algo máis de un ano, decidín renovarme e empezar de cero como freelance. Agora mesmo son autónoma (con todo o que iso implica, bo e malo), traballo nos meus propios proxectos e estou poñendo en marcha xunto con dous arquitectos e un fotógrafo un pequeno espazo de coworking chamado Cooffice7, que agardamos estea en funcionamento en 2013. Se decidín unirme á DAG, é porque co tempo comprobei o ben que se poden facer as cousas aquí, que hai xente con ganas e moi preparada polo que quero apoiar e axudar a dignificar a profesión de deseñador en Galicia.

E para aqueles aos que vos saiba a pouco a súa presentación, podedes saber un pouco máis de María entrando na súa páxina: http://mariaguevara.es/

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.