Mental movies
Mental movies é unha nova colección de relatos breves en formato de carteis cinematográficos. Trátase dun proxecto multidisciplinar que integra literatura, artes visuais, música e cine.
A editorial arxentina Clase Turista pediulles a distintos escritores que, nuns dez mil caracteres, relaten a película que filmarían se puidesen dispoñer do orzamento dunha película de Hollywood. Logo, un artista visual deseña o póster desa “película apócrifa”e un grupo de rock encárgase de compoñer a canción pertencente á súa banda sonora. Cada exemplar é un cartel de 40x60 cm. Dun lado, o conto; e do outro, a representación visual do guión, a modo de cartel cinematográfico. As cancións pódense escoitar de maneira gratuíta en Internet. Os dous primeiros títulos son:
- Paranoia verde, relato de Juan Terranova con deseño de Ezequiel Black e música de Bicicletas.
- 120 horas, relato de Pablo Katchadjian con deseño de Patricio Oliver e música de Simja Dujov.
Máis información no seu blog

