Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
22 de xuño 2012

Mesa redonda sobre deseño gráfico Poñer cousas en orde

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Poñer cousas en orde, a proposta expositiva comisariada por Dani Bembibre e María América que se está a desenvolver en NORMAL en xuño e xullo continúa coas actividades este luns 25 de xuño. Para ese día, ás 18.30 h, está programada unha charla sobre deseño gráfico na que participarán a deseñadora gráfica valenciana Rocío Martinavarro, especializada na creación de identidades corporativas (PanPan, logotipo do compositor Matías Nadal, redeseño de RTVE); Tilman Solé, parte do estudio Mucho desde 2010, tras unha etapa de dez anos en Summa como director creativo; e, por último, Gerard Tejero e Carlos Toledo, integrantes de Entresuelo 1º A, un estudio de deseño industrial radicado en Barcelona que produce e comercializa a pequena escala os seus produtos, obxectos funcionais e cun carácter lúdico que buscan que o usuario se pregunte: como non se me ocorrera a min? Cada un dos participantes fará primeiro unha presentación dos seus últimos proxectos e, a continuación, abrirase un debate centrado no seu traballo e que se encargará de moderar o presidente da Asociación Galega de Deseñadores (DAG), Marcos Dopico. Ao remate da mesa redonda, sobre as 20.00 h, Verónica Fuerte incorporará unha nova peza á exposición: Hey Color, de Hey Studio, un estudio especializado na xestión de marca e no deseño editorial, packaging ou interactivo, con sede en Barcelona. Lugar: NORMAL. Espazo de intervención cultural Universidade da Coruña Paseo de Ronda, 47 15011 A Coruña

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.