Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
22 de xaneiro 2016

Miguel Sabel xa é da DAG :)

Desde a asociación só podemos expresar o máis profundo agradecemento a Miguel Sabel, e aos outros socios que como el desenvolven as súas vidas profesionais fóra de Galicia, polo seu compromiso coa DAG. Benvido!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola, son Miguel Sabel. Traballo como deseñador na oficina que Designit ten en Madrid. Na meirande parte dos proxectos nos que traballo deseño servizos, definindo novos modelos de negocio e relación entre organizacións e os seus clientes ou usuarios.

Antes pasei por unha consultora de investigación tecnolóxica, tamén en Madrid, e algo antes por unha pequena compañía de deseño en Barcelona. Fun a Barcelona para estudar un máster despois de pasar pola escola de Deseño de Ferrol. Levo algo máis de sete anos fóra de Galicia.

Dende que solicitei a alta na DAG deume por pensar na razón. Supoño que para atopar unha orde que non sempre existe adoitamos buscar a causa das cousas. Decidín que neste caso foi puro egoísmo. Foi para cambiar a miña situación persoal. Foi para atopar un camiño de volta á casa máis doce que o que hoxe podería tomar.

Sen ter que recorrer ás portadas da prensa, a miña situación non ten nada que ver coa que viviron moitos na miña familia camiño de Caracas ou Montevideo. Pero as motivacións da emigración non son binarias -teño que marchar, non teño que marchar. Hai moitos estados intermedios. E tampouco as situacións resultantes son binarias -estou ben, estou mal.

Son un emigrado, un emigrado afortunado e consentido, pero un emigrado. Podería ter quedado na casa e o certo é que vivo unha vida confortable e fago cousas que me gustan. Pero son un emigrado. Do mesmo xeito que o é a miña irmá, moitos amigos e unha morea de xente da miña xeración. Non era o meu plan e non me gusta pensar no complicado que pode ser voltar.

Decidín polo tanto que entrei na DAG para buscar que a motivación de marchar sexa o máis doce posible. Apertura para aprender e desfrutar. E para facer que o camiño de volta sexa máis sinxelo. Para sentir que podo volver cando me dea a gana. Comezando por min mesmo pero oxalá tamén para outros. Non teño nin idea de como facelo.

Ficha de socio DAG
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.