Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
23 de marzo 2012

Mostra homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Fundación Novacaixagalicia da Coruña

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A mostra homenaxe a Isaac Díaz Pardo permanecerá aberta ao público ata o 1 de maio e reúne un total de 35 pinturas realizadas en óleo sobre lenzo, cartolina, táboa e cartón, tinta sobre papel; carbón, lapis, tinta e sanguina sobre papel. Ademais das técnicas, a exposición dá conta das distintas etapas do artista entre 1940 e 1960 e permítelle ao visitante facer un percorrido pola súa evolución desde esa primeira etapa de formación en Madrid, a cidade na que estuda Belas Artes, por unha etapa máis comprometida no Castro de Samoedo, caracterizada polos grandes óleos e cadros de temática social, e tamén pola súa etapa na Arxentina, cando a ruptura estilística coa tradición e os canons é máis evidente na súa pintura.

Horario da exposición: luns a venres: 16.00 a 21.00 h sábados e festivos: 12.00 a 14.00 h e 17.00 a 21.00 h

Visitas guiadas e información: 981 18 50 60

**Enderezo da Fundación:**Cantón Grande, 21, 23, 15003 A Coruña

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.