Na DAG tamén hai deseñadores de produto
E como non tiveramos aínda a oportunidade de presentarvos ningún este ano, alegrámonos especialmente de traer hoxe á portada a Xulio Turnes. Benvindo á DAG!

Ola a tod@s!
Son Xulio. Aínda que empecei a miña carreira profesional como arquitecto (coa que sigo) chegoume, por casualidade, a oportunidade de afondar na temática do deseño. Concretamente, no deseño de mobiliario. Unha ocasión de matizar, organizar ou simplemente completar espazos, previamente concibidos.
Dende ese momento, sentín a necesidade de atopar un lugar común, onde compartir experiencias, sensacións ou meras impresións con outras persoas, con inquedanzas semellantes. Tamén, para reencontrarme con “vellos” coñecidos.