Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
2 de xullo 2024

Nace o Rexistro Sonoro de AR\DE

A plataforma AR\DE, o Arquivo do Deseño Galego, presenta unha nova iniciativa para a documentación da historia do deseño galego. O Rexistro Sonoro preséntase en formato podcast para dar voz e conservar as reflexións de profesionais do deseño galego.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Trala boa acollida que tivo o lanzamento de AR\DE, a principios de 2023, o equipo do Arquivo abriu unha nova etapa no proxecto, pensando en ampliar e diversificar os contidos publicados na web. A iniciativa do Rexistro Sonoro xorde dunha proposta dos socios da DAG, Adrián Parcero e Dani Bembibre, e conta co apoio e financiamiento da Asociación Galega de Deseño no seu lanzamento.

O Rexistro Sonoro de AR\DE publicará un capítulo mensual, no que escoitaremos as voces de deseñadoras e deseñadores para coñecer as súas reflexións sobre a profesión. A historia do deseño galego preséntase así en primeira persoa, deixando constancia da realidade do deseño hoxe e legando coñecementos e experiencias para o futuro. No primeiro capítulo o deseñador gráfico coruñés Álvaro Valiño ofrece a súa visión do deseño e fala do seu campo de especialización, a infografía.

O grupo de traballo de AR\DE, integrado actualmente polas socias María Agra, Raquel Boo, Ana Besada, Samuel, Baltar, Óscar Otero e María Ramos, conta para esta nova sección co equipo de produción do podcast. Pablo Silva é o responsable da dirección e guión do Rexistro Sonoro, e David Santos o encargado de montaxe e edición, contando ademais coa colaboración especial de Lucía Aldao á voz.

A páxina web de AR\DE conta cunha nova sección na que poder escoitar todos os capítulos do Rexistro Sonoro, que tamén estarán dispoñibles na plataforma Spotify. A nova gráfica e desenvolvemento da web é obra do estudio vigués Desoños.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.